Workshop online Tecidos industriais

Data: 22/10/2021

Hora: 10.30 – 12.15 h.

A Materioteca de Galicia continúa a súa programación de workshops o vindeiro 22 de outubro centrándose nos tecidos industriais.

Representantes de catro empresas galegas de diversos sectores presentarán as súas innovacións neste campo durante o evento online organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación.

Durante este workshop será presentado tamén o estudo estratéxico sobre oportunidades baseadas neste tipo de tecidos, elaborado por Materially para a Materioteca de Galicia.

Como casos prácticos, representantes de Grupo Chicolino, Grupo Copo e a empresa Signus expoñerán diferentes proxectos para o desenvolvemento de tecidos industriais, con aplicacións en automoción, construción, miticultura, acuicultura e pesca.

Este evento é de especial interese para persoal técnico e profesionais do deseño de produto.

VÍDEOS XORNADA

  • Presentación da xornada e futuros eventos da Materioteca de Galicia – María José Mariño (Axencia Galega de Innovación)Link
  • Estudo estratéxico sobre oportunidades basadas nos tecidos industriais – Unai Etxebarria e Iker Agirre (Materially)Link
  • Fibras para miticultura, acuicultura e pesca – Juan José Fajardo (Grupo JJChicolino)Link
  • Os tecidos para tapicerías de automóbiles – Andrés García (Grupo Copo)Link
  • Tecidos con fibras de pneumático reciclado – Leticia Sainz (Signus)Link