Workshop online Materiais orgánicos non vexetais

A Materioteca de Galicia celebra o seu primeiro workshop de 2021 cos materiais orgánicos nonvexetais como protagonistas. O 20 de maio cinco expertos presentarán as principais tendencias neste tipo de materiais durante o evento online o organizadopola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN).

Durante este workshop explorarase a relación destes materiais co mundo do contract e as súas diferentes aplicacións para a obtención de texturas e acabados superficiais de alta calidade e valor comercial. Os encargados de expoñer esta vertente dos materiais orgánicos non vexetais serán os promotores das iniciativas Workshop Contract e Material Hub Innovation.

Por outra banda, representantes dos centros tecnolóxicos CTAG, CETIM e ANFACO-CECOPESCA presentarán diferentes proxectos nos que estes materiais toman protagonismo como recursos de interese para a industria do automóbil, a obtención de biopolímeros a partir da lactosa e a revalorización de residuos da pesca, respectivamente.

Na última parte do workshop, exporase unha selección internacional de materiais con base orgánica non vexetal a cargo Materially, que incidirá nas  súas aplicacións e interese industrial.

Este evento é de especial interese para deseñadores/as, persoal técnico e profesionais vinculados co deseño e coa comercialización de novos produtos cun alto compoñente de sustentabilidade.

Programa do workshop (pdf).

VÍDEOS XORNADA

  • Presentación da xornada e dos próximos eventos da Materioteca de Galicia María José Mariño (GAIN) – Link
  • Iniciativas Workshop Contract e Material Innovation Hub – Pablo García-Bodaño – Link
  • Innovación con peles e revalorización de residuos da industria alimentaria – Noemí Cortizas (MIH) – Link
  • Innovación sobre materiais orgánicos na industria do automóbil – Raquel Ledo (CTAG) – Link
  • Materiais biopoliméricos a partir de correntes residuais da industria láctea – Julio Fierro (CETIM) – Link
  • Materiais con exoesqueletos de crustáceos. Proxecto Fish4Fish – Diego Méndez (ANFACO-CECOPESCA) – Link
  • Selección internacional de materiais con base orgánica non vexetal – Unai Etxebarría e Iker Agirre (Materially) – Link