A crise sanitaria na que nos atopamos, promoveu o interese polos materiais para a elaboración de equipamento de protección biolóxica. Este tipo de materiais, de calidades tan específicas, son de interese para a hixienización de espazos nos que, por razón de uso ou de tránsito de persoas, se produce algún tipo de transmisión microbiana ou vírica.
Neste workshop os expertos de Materially darán a coñecer os últimos materiais identificados para elaborar diversos produtos destinados á hixienización de espazos e á protección sanitaria. A presentación dos materiais irá acompañada de referencias ás empresas produtoras e tamén se mostrarán exemplos de aplicacións para a protección sanitaria de espazos de traballo e convivencia.
Este evento é de interese para deseñadores, empresarios e profesionais interesados en coñecer as últimas novidades en materiais para a contención de contaminantes biolóxicos.