Workshop «Novos materiais para o deseño e a innovación»

Data: 29 novembro 2018. 9:30 – 18:00.

O desenvolvemento de novos materiais está a abrir un enorme abano
de oportunidades inéditas para o deseño aplicado á innovación
empresarial. En Galicia existe unha intensa actividade neste ámbito
tanto por parte de centros tecnolóxicos como de grupos de
investigación universitaria. Este workshop busca a difusión destes
avances para facilitar a súa transferencia á industria a través do traballo
dos profesionais do deseño, así como unha aproximación experimental
capaz de incentivar a creatividade dos participantes.

Máis información: http://gain.xunta.gal/eventos/250/workshop+novos+materiais+deseno+innovacion