No marco das actividades que a Fundación Roberto Rivas impulsa como participante no proxecto europeo The Break: women entrepreneurship & internationalisation in Spain, 12 mulleres emprendedoras europeas participantes neste proxecto tiveron a oportunidade de realizar unha visita ás instalacións do CIS Tecnoloxía e Deseño e acceder a demostracións sobre tecnoloxías de RV e RA, así como visitar a colección de materiais innovadores da Materioteca de Galicia onde puideron atopar referencias para o reto de contribuír a un uso máis sostible dos recursos forestais.