Taller Materiais de orixe vexetal

Data: 25/11/2021.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol).
Hora: 10.30 – 13.30 h.

A Axencia Galega de Innovación, a través da Materioteca de Galicia, celebra o vindeiro 25 de novembro un taller presencial sobre materiais de orixe vexetal.

A inscrición está limitada a un máximo de 30 participantes, co obxectivo de garantir o enfoque práctico de traballo por grupos para explorar novas solucións adaptadas aos principios da economía circular e baseadas no emprego de materiais innovadores constituídos por elementos de procedencia vexetal variada.

O taller, que pecha a programación de eventos de difusión da Materioteca de Galicia para 2021, terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), a entidade de referencia do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 20214 – DIFERENZA.

Durante o taller será presentado o informe estratéxico sobre materiais innovadores de orixe vexetal elaborado por Materially para a Materioteca de Galicia.

Os expertos desta empresa especializada serán os encargados tamén de presentar unha selección de materiais obtidos a partir das diversas partes de plantas, froitos, árbores e madeiras e dinamizar os grupos de participantes para explorar posibilidades e xerar ideas de aplicación.

Os asistentes terán ocasión de visitar, ademais do fondo de mostras da Materioteca de Galicia, a exposición Arquivo da Matéria Viva que se exhibe durante este mes de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño procendente da localidade portuguesa de Matosinhos, onde se expuxera con motivo da Porto Design Biennale.