Desde a Materioteca de Galicia e continuando coa serie de vídeos para a promoción de materiais innovadores e sustentables de Galicia, presentamos un material dentro da temática de “saúde e medicina”.
Accede ao vídeo dende aquí.
O BIOFAST, desenvolto polo CINTECX da Universidade de Vigo, é un material que destaca por cumprir unha dobre función: por unha banda, serve para cubrir as necesidades da medicina regenerativa; e, por outra banda, é un exemplo do aproveitamento intelixente dos residuos da pesca, xa que parte da súa composición de calcio e fósforo baséase na materia orgánica proveniente dos dentes de quenllas capturadas na pesca comercial. A chegada deste material ao mercado foi apoiada polo programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
O aproveitamento de recursos naturais e a valorización de residuos industriais é un dos obxectivos da investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo (CINTECX).
A referencia a este material, BIOFAST, pódese consultar de forma libre accedendo a esta ligazón.