Investigadores do CSIC obteñen un nanomaterial que elimina o coronavirus e é aplicable en máscaras e tecidos


Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu un novo nanomaterial, constituído por nano partículas de cobre, que inhibe as proteínas do coronavirus SARS- CoV-2, causante da covid-19, e bloquea a súa propagación. O material, que xa foi protexido mediante patente, é aplicable en recubrimento de máscaras cirúrxicas, en tecidos de protección de uso hospitalario, e en recubrimento de superficies de contacto, como varandas ou pomos no transporte público. Os investigadores están a estudar o seu desenvolvemento industrial para levalo ao mercado.

Máis información no seguinte enlace.