No marco do ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, organizado pola Materioteca de Galicia, realizaranse ao longo de 2022 unha serie de accións ao redor dos materiais sostibles. Acompañando a cada un dos catro workshops, presentaranse catro estudos estratéxicos que presentarán e analizarán unha colección de materiais de orixe internacional, seleccionados e clasificados segundo o momento no que melloran o seu impacto ambiental no ciclo de vida do produto entendido de forma circular.
O primeiro workshop, realizado o 28 de abril, centrou a súa temática nos “Materiais baseados en materias primas secundarias” e ese mesmo día presentouse o primeiro informe realizado por Materially, que recolle máis de corenta materiais de orixe sostible, derivados de diferentes fontes como son: a mariña, colleita e cría ou a industrial. A maioría destes materiais están comercialmente dispoñibles podendo servir tanto como material para a fabricación do seguinte produto innovador ou como idea e inspiración para o aproveitamento de recursos ata o de agora non aproveitados, que dean lugar a materiais sostibles tanto ambiental como económica e socialmente.
Estudo estratéxico: Materiais baseados en materias primas secundarias.