Material Innovation Hub, en colaboración con Betanzos HB, está a traballar nunha cola feita a partir de azucres naturais da madeira moi resistente pero soluble en auga. Isto pode supoñer unha mellora para facilitar a reciclaxe de produtos complicados como son os envases de cosmética ou mesmo na decoración efémera de espazos. Na seguinte ligazón pódese visualizar un vídeo do proceso de despegado tras mergullar o material en auga. Link
Material Innovation Hub (MIH) naceu coa idea de acompañar a empresas na procura de solucións innovadoras aos problemas complexos a través dos materiais, a transferencia tecnolóxica ou a procura de novos mercados.
Betanzos HB é fabricante de taboleiros de madeira e de fibras de madeira e as súas instalacións atópanse na localidade de Infesta (Betanzos – A Coruña). O seu taboleiro TABLEX figura na base de datos e na exposición física da Materioteca de Galicia (Ver artículo publicado).