A rexeneración ósea é un campo en constante evolución, impulsado por avances na enxeñería de materiais e a medicina regenerativa. Neste contexto, MATPRINT emerxe como un material innovador, deseñado polo Grupo de Cerámica e Materiais Industriais (ICG) da Universidade de Santiago de Compostela.
Este material, está formado por estruturas tridimensionales cerámicas creadas mediante fabricación aditiva, utilizando a tecnoloxía de Direct Ink Writing (DIW) ou Robocasting. Esta técnica, coñecida como “extrusión asistida por robot” ou “impresión robótica”, utilízase para crear obxectos de tres dimensións mediante unha deposición controlada de material capa por capa, mediante embocaduras que depositan unha tinta en cuxa formulación se introducen materiais finamente pulverizados e que se solidificarán unha vez evaporado o disolvente. Aínda que comparte similitudes coa impresión 3D convencional, o robocasting distínguese pola súa capacidade para traballar con materiais pastosos ou viscosos, como cerámicas, polímeros e metais, o que fai esta tecnoloxía especialmente útil en aplicacións que requiren precisión e control da forma.
Unha das características máis destacadas de MATPRINT é a súa gran capacidade para adaptarse ás necesidades específicas de cada aplicación clínica, xa que se poden deseñar xeometrías ad hoc nas que se poden modificar os tamaños dos poros da peza ósea, así como as interconexións entre eles. Esta personalización, creada cunha preción altísima, permite a obtención de estruturas personalizadas e altamente funcionais que son fundamentais para garantir unha integración adecuada co tecido circundante, garantindo a permeabilidade e a vascularización do implante e promovendo unha rexeneración óptima do óso no que se insiran.
O aumento da esperanza de vida experimentado nas últimas decadas, supón o incremento problemas de saúde asociados ás idades avanzadas, e en particular, unha alta incidencia de fracturas debido aos cambios metabólicos que teñen lugar no propio tecido óseo ao envellecer. A medicina regenerativa proporciona, a través de ferramentas como MATPRINT, recursos para abordar os desafíos de saúde asociados co envellecemento ao ofrecer tratamentos innovadores que poden restaurar a función e a saúde dos tecidos e órganos afectados e o desenvolvemento de terapias regenerativas a un custo razoable mediante a impresión 3D.
As tencologías como MATPRINT, abren novas oportunidades no campo dos tramientos médicos en campos como a odontoloxía, a cirurxía ortopédica, ou a medicina reconstructiva.
Ademais do seu uso en implantes óseos, MATPRINT tamén podería empregarse na fabricación de scaffolds para a enxeñería de tecidos, onde a través da súa capacidade para promover a adhesión celular e a vascularización, permite a subministración de nutrientes e osíxeno vital para as células dos implantes e facilita a eliminación de refugallos celulares. Todo iso, promove a integración co tecido circundante ao implante e axuda a previr os procesos de necrosis e degradación, sendo determinante no éxito de diversas aplicacións biomédicas e de enxeñería de tecidos.
Co continuo desenvolvemento e aplicación de MATPRINT, o futuro da medicina regenerativa vese máis prometedor que nunca.
Accede aquí á ficha deste material para obter toda a información.