Neste artigo, Noemí Cortizas, introdúcenos na importancia dos materiais orgánicos non vexetais que, desde as etapas máis temperás da historia, foron utilizados polos seres humanos para satisfacer as súas necesidades básicas en vestimenta e utillajes variados. A autora presentaranos diversas alternativas para a revalorización dos residuos orgánicos de procedencia animal, por exemplo os coiros con pel de ra, de salmón, o emprego de cunchas mariñas e cornos de vaca entre outros.