Do 25 ao 27 de maio de 2022 terá lugar en Matosinhos, Portugal, iTechStyle Summit 2022, unha conferencia internacional presencial de tres días sobre téxtiles e pezas de vestir, deseñada para brindar momentos de debate e reflexión sobre o coñecemento científico e tecnolóxico actual, involucrando a actores innovadores da industria, provedores de tecnoloxía , investigadores, clústers e outros axentes vinculados ao Sector Téxtil de todo o mundo.
Os organizadores deste evento contan coa participación de Lisa Lang ( Climate- KIC | Comisión Europea), Adriana Domínguez (Adolfo Domínguez), Thomas Gries ( RWTH Aachen University), Isabel Furtado ( TMG Automotive | COTEC Portugal) , Tobias Gröber ( Messe München), Elisa Palomino ( University of the Arts London), Lutz Walter ( Textile ETP), entre outros recoñecidos expertos académicos e da industria, quen compartirán as súas achegas sobre tendencias, estratexias, oportunidades e desafíos actuais, centrándose nas seguintes áreas: megatendencias: os próximos pasos, descarbonización, novos modelos comerciais, transición xemelga: verde e dixital, (r)evolución de materiais e habilidades para a industria.
Neste contexto, a Axencia Galega de Innovación, no marco de EEN- GalacteaPlus, co-organiza un B2B, co obxectivo de estimular a todos os actores do deseño, a moda, a cadea de valor téxtil e o design thinking para a innovación para explorar, aprender, compartir e relacionarse con innovadores, provedores de tecnoloxía, investigadores e outros actores da moda, o deseño industrial e o sector téxtil de toda Europa. O matching celébrase o 26 de maio en Matosinhos pero existe a opción de concertar reunións virtuais.