Data: 3/11/2021
Hora: 10.30 h.
A Axencia Galega de Innovación celebra o mércores 3 novembro, coincidindo co Día Mundial dos Materiais, o evento final do Certame de Materiais Innovadores de Galicia, no que se darán a coñecer os seleccionados nesta primeira edición.
O acto terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), sede da Materioteca de Galicia, e poderá seguirse en streaming.
Entre as 80 candidaturas presentadas resultaron preseleccionadas dúas finalistas por cada unha das categorías das que consta o certame:
Artesanía:
- Algodón tintado con Camellia sinensis(tecido con protección solar e libre de alérxenos e tóxicos). Tusbaki Diseño.
- D-Leite (tecido de la meiriña e fibra de proteína láctea ecolóxica). Inés RIR & Co Diseño Textil Artesano.
Empresa:
- Peroxibiokey (aceite vexetal con propiedades antisépticas, cicatrizantes, rexenerativas e antioxidantes). Keybiological.
- Celtacal (abono orgánico elaborado con cuncha de mexillón). Ecocelta Galicia.
Investigación:
- Recubrimento condutor térmico e eléctrico (material de confort para interior de vehículos de transporte, mobiliario, téxtil, etc.). Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
- Viga alixeirada de madeira Ecotimbercell (sistemas estruturais celulares ecolóxicos de madeira e derivados). Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Empresa & Investigación:
- Formigóns en masa e morteiros de revestimento con áridos reciclados da industria conserveira (material de construción elaborado a partir de cuncha de mexillón). Consorcio Biovalbo (Extraco & Grupo de Construción do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC).
- Mestura bituminosa en frío aditivada con nanocelulosa (biopavimento alternativo ao asfalto convencional). Misturas, Obras e Proxectos & CETIM& Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais do CITEEC da UDC.
Descubre os materiais seleccionados en cada categoría asistindo ao evento en streaming.