ENCONTRO B2B ONLINE DIGITALISATION IN ADVANCED MATERIALS & NEW MANUFACTURING TECHNIQUES GALICIA

O próximo 22 de xuño, en horario de 09:30 a 13:00, celebrarase o ENCONTRO B2B ONLINEDIGITALISATION IN ADVANCED MATERIALS & NEW MANUFACTURING TECHNIQUES GALICIA, dentro das actividades enmarcadas na Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías Disruptivas (DISRUPTIVE).

Esta plataforma tecnolóxica enfocada na promoción das tecnoloxías dixitais máis disruptivas está presidida polo Parque Tecnolóxico de Andalucía (Málaga TechPark) e secretariada pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España ( APTE).

O encontro realizarase en formato en liña a través da plataforma ZOOM e terá como protagonistas ás empresas e entidades de Galicia que destacan pola aplicación das tecnoloxías dixitais disruptivas no sector de materiais avanzados e novas técnicas de fabricación, xa que só elas poderán publicar perfís aos que logo as entidades de toda España poderán solicitar reunións no apartado de encontros bilaterais.

O programa completo do evento é o seguinte:

Bloque de relatorios:

09:30 – 9:40  Presentación Plataforma Tecnolóxica de Tecnoloxías Disruptivas (DISRUPTIVE) – Soledad Díaz – Directora Xerente APTE.

09:40 -10:00  Presentación Programas Axudas Axencia Estatal de Investigación – Mª Ángeles Ferre. Responsable Programas Temáticos Científicos-Técnicos, Axencia Estatal de Investigación.

10:00 – 10:20 Presentación Programa Axudas CDTI. Mª do Pilar González, Xefa Departamento de Promoción Industrial e Cooperación Territorial

10:20 – 10:40 Aplicación da Industria 4.0 nos procesos de fabricación – Elena Hidalgo Martín, Digital Industry Area Manager. CETIM, Centro Tecnolóxico

10:40 – 11:00 Tecnoloxías de fabricación aditiva que permiten deseños disruptivos en aplicacións estruturais – Pablo Romero Rodríguez. R&D Program Manager – Advanced Materials and Manufacturing, AIMEN, Centro Tecnolóxico

11:00 – 11:30 Exemplos de casos prácticos de aplicación empresarial de tecnoloxías disruptivas:

CIS – Madeira. Xosé Francisco Pedras Saavedra

Beta Implants. Antón Rodríguez, director de desenvolvemento de negocio e I+D+i

Encontros bilaterais:

11:40 – 13:00 Encontros bilaterais baixo demanda e dispoñibilidade.

En caso de estar interesados en participar nos encontros bilaterais é necesario inscribirse no seguinte enlaceO prazo de inscrición para a participación nos encontros bilaterais termina o 2 de xuño de 2022.

En caso de estar interesado en asistir só á primeira parte de relatorios, debes inscribirte no seguinte enlace.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición aos encontros bilaterais, enviarase a listaxe coas alertas de colaboración para a solicitude de encontros bilaterais ás entidades dos parques científicos e tecnolóxicos membros de APTE e ás empresas e entidades que participan na Plataforma DISRUPTIVE. Así mesmo, será publicado na web da Plataforma Tecnolóxica Española DISRUPTIVE para asegurar que calquera empresa ou entidade española tamén poida solicitar reunións.

Participar en DISRUPTIVE