A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia. Mediante esta iniciativa búscase identificar e promocionar os materiais máis innovadores desenvolvidos recentemente por empresas e centros de coñecemento galegos.
BASES DO CERTAME
As bases completas e os detalles do procedemento e da documentación a presentar poden consultarse no seguinte ENLACE.
INSCRICIÓN AO CERTAME
Os candidatos deberán cumprimentar a ficha de inscrición da categoría na que desexa participar.
Acceso á inscrición no seguinte ENLACE.
Deberase enviar unha mostra física do material, dentro do prazo establecido, á seguinte dirección:
CIS Tecnoloxía e Deseño (Materioteca de Galicia)
A Cabana s/n
15590 Ferrol
PRAZO
Aberto ata o 13 de maio de 2021.
CANDIDATOS
Serán candidatos aos galardóns deste certame empresas e centros de coñecemento públicos e privados, cuxo domicilio social ou centro de traballo se atope en Galicia e que desenvolvesen un material innovador.
CATEGORÍAS
Establecéronse 4 categorías de participación:
1. ARTESANAL – Materiais obtidos de procesos artesanais ou con limitada capacidade de produción.
2. EMPRESA – Materiais desenvolvidos por empresas ou por agrupacións de empresas para a súa comercialización.
3. INVESTIGACIÓN – Materiais desenvolvidos por grupos de investigación de centros de coñecemento públicos e privados (universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos), ben como resultado de proxectos individuais ou en consorcio con outros grupos ou entidades.
4. EMPRESA E INVESTIGACIÓN – Materiais desenvolvidos por grupos mixtos formados por empresas e centros de coñecemento, en calidade de participantes nalgún proxecto financiado con fondos públicos autonómicos, estatais ou europeos.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os materiais propostos serán sometidos á valoración dos membros do xurado, formado por profesionais de referencia neste ámbito en Galicia.
Os criterios de valoración por categorías terán en conta o grao de madurez tecnolóxica, o recoñecemento do sector, a sustentabilidade, a utilidade e hixiene sanitaria, o grao de innovación e se o material está patentado ou rexistrado.
DISTINCIÓNS
A Axencia Galega de Innovación fará entrega das distincións honoríficas ás entidades responsables dos materiais gañadores durante un evento público.
Estes materiais serán incluídos na exposición permanente e na base de datos da Materioteca de Galicia, así como nunha monografía especial que se editará tanto en papel como en formato dixital para darlle difusión dentro e fóra de Galicia.
Ademais, pasarán a formar parte da materioteca de Materially e serán promocionados mediante unha exposición itinerante por varias cidades de toda España, o que contribuirá a ampliar a difusión dos materiais distinguidos.
CONTACTO
Materioteca de Galicia
+ 34 981 337 133