Sistema integrado de atención á cidadanía

A atención á cidadanía configúrase como o conxunto de medios que o sector público autonómico pon á disposición dos cidadáns e das cidadás para lles facilitar o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento das súas obrigas e o acceso aos servizos públicos.

Esta, préstase mediante o Sistema integrado de atención á cidadanía da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten, entre as súas principais funcións, a de facilitarlle á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.

Xunto con estes instrumentos de difusión da información á cidadanía, o sistema integrado contempla tamén o procedemento para a presentación e tramitación de suxestións e queixas.

Asemade, a Xunta de Galicia promove tamén a dispoñibilidade dun servizo de videointerpretación en lingua de signos coa finalidade de garantir a atención cidadá ás persoas xordas ou con discapacidade auditiva.

Documentos relacionados

Normativa