Despois dos nosos dous últimos informes, chegamos ao terceiro informe desta serie: “Sustentabilidade e circularidade dos materiais: Uso e distribución”. A diferenza de ter unha orixe sostible ou reciclalo cando o imos a tirar, a sustentabilidade no uso é un aspecto dos produtos que moi pouca xente ten en mente. E é que, aínda que moitos non o crean, o uso sostible é aquel que teña o potencial para satisfacer as nosas necesidades de maneira eficiente, desde a perspectiva de saúde, ambiental e/ou económica.
Neste artigo centrámonos en dous recubrimentos innovadores que poden facer a nosa vida máis fácil, que melloran a experiencia do usuario e que son ferramentas que nun futuro poderiamos implementar nas nosas vidas.
Invisiprint, NBD Nano
O primeiro recubrimento do que falaremos hoxe foi bautizado como “Invisiprint”, que literalmente significa “pegada transparente” en galego. E é que, efectivamente, este recubrimento extremadamente fino e ópticamente transparente, permite ocultar as impresións dixitais nas superficies dos produtos. Cantas veces pagariamos por que as nosas lentes non estivesen sempre cheas de pegadas?, ou que as nosas mesas de cristal estivesen sempre limpas?, e nin falar da pantalla do teléfono!
Este recubrimento emprega unha tecnoloxía baseada en silano, para adherirse ao vidro, metal ou plástico, sendo o suficientemente duradeiro para resistir ao desgaste a longo prazo. As propiedades oleofílicas (que absorbe aceites rapidamente), en lugar de evitar a deposición dos aceites dos dedos, permiten ao material estender o aceite da pegada permitindo que pase a luz sen impedimento algún, o que fai que as pegadas sexan imperceptibles baixo a maioría dos ángulos de visión. Ademais, as propiedades hidrofóbicas, dótano de propiedades para que a limpeza do material sexa máis fácil de limpar.
Recubrimento condutor, CTAG
Este recubrimento é un condutor térmico e eléctrico a base de auga. Ademais, posúe propiedades radiantes e sensoriais, respecta as propiedades do material no que se aplica e pode aplicarse sobre calquera superficie, sendo a súa aplicación principal o sector da automoción. Máis concretamente, para o uso no vehículo eléctrico.
Como moitos saberedes, os coches de combustión, mediante as reaccións que suceden nos motores térmicos, emiten altas cantidades de calor, que permiten quentar os asentos sen realizar grandes esforzos. Con todo, os coches eléctricos, ao non contar con esta calor residual, necesitan xerar a calor necesaria para lograr este confort térmico de maneira alternativa. A única opción restante sería facelo mediante o uso das baterías, o que diminuiría significativamente a autonomía do vehículo.
Aquí é onde entra o recubrimento condutor desenvolvido polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). Este recubrimento consta duns conectores especificamente deseñados para non danarse polo uso. Os conectores están creados a partir de electrodeposición, facendo que sexa moi sinxela a súa aplicación. Adicionalmente, este recubrimento podería usarse sobre superficies radiantes para evitar a formación de xeo en aeroxeradores ou compoñentes aeronáuticos externos.