Os materiais sostibles son a solución a moitos dos problemas aos que nos enfrontamos hoxe e enfrontarémonos no futuro. Reducir a dependencia aos recursos naturais finitos e a procura de novas fontes renovables é esencial.
Desde a Materioteca de Galicia, queremos achegar o noso granito de area para resolver estes problemas poñendo á vosa disposición materiais que impacten o mínimo posible no planeta, por iso demos o pistoletazo de saída a unha serie de actividades, informes e artigos que levaremos a cabo durante 2022 centrados na sustentabilidade e a redución na dependencia dos recursos naturais finitos.
Neste primeiro artigo da serie de actividades expostas, presentaremos dous exemplos de materiais que reducen o uso do petróleo ademais de contribuír a manter a natureza libre de refugallos contaminantes. Desde o punto de vista da Orixe da materia prima, estes materiais semielaborados tratan de substituír o uso de materia prima virxe derivada do petróleo por materiais reciclados, biobasados e recuperados do mar.
Coiro derivado do micelio, Biotea (MG-7006)
Substituto de coiro animal derivado do micelio. O micelio, é un talo (equivalente ao conxunto de raíz, talo e follas noutras plantas) de fungos. Está formado comunmente por filamentos moi ramificados que constitúen o aparello de nutrición destes seres vivos.
Este Biomaterial está cultivado a partir de produtos endémicos de Galicia, sendo o resultante dun proceso de fermentación vexetal. Trátase dun material flexible, cun tacto natural, acabado uniforme, aspecto e textura similares ao coiro. Pode ser sometido a diferentes tratamentos para lograr diversas texturas ou cores sen alterar a súa composición.
O seu uso vai desde a marroquinería, complementos, téxtiles, instrumentos musicais de percusión, mobles e encadernación. É un material sen intervención de animais nin derivados do petróleo polo que cada vez é máis demandado por usuarios cada vez máis concienciados coa sustentabilidade.
Recuperación de redes de pesca – Gravity Wave
Panel de Polietileno reciclado post industrial de alto peso molecular ao que se lle engaden redes de pesca refugadas do sector pesqueiro. Este material, reciclado ao 100%, contribúe a salvar os mares e océanos mediante a recuperación e reutilización dos materiais plásticos colleitados directamente do fondo de mar e as súas costas.
Cun proceso de fabricación 100% “ Made in Spain”, este material de alta densidade e elevado peso molecular, ten baixa absorción de humidade e incorpora unha serie de aditivos que achegan unha gran absorción da luz ultravioleta, ademais de antioxidantes que o protexen fronte á degradación térmica. Presenta ademais unha excelente resistencia á fisuración no medio ambiente activo ( ESCR).
De esquerda a dereita, acabados: Formentera, Formentera suave, Atenas e Cerdeña.
Estes materiais son comercializadas en diferentes tamaños (ata 4100 x 2000) e grosores (desde 10 mm a 120 mm) que poden ser personalizadas baixo petición. En canto ao acabado, a empresa ofrece 4 diferentes estilos: Formentera, Formentera Suave, Atenas, Sardeña.
Este material presenta múltiples usos, pero os máis estendidos son, por exemplo, en mobiliario urbano, parques infantís, decoración exterior, fachadas, etc.
Pódese atopar máis información sobre materiais sostibles na nosa base de datos ou nas nosas instalacións físicas en Ferrol onde dispoñemos de mostras físicas de diferentes materiais innovadores e sostibles tanto de carácter nacional como internacional.