CURMECETT
MG-9002
ProcesosProcedemento, dispositivo de control e programa informático para o curado dunha peza de composite por medio do efecto Joule. O sistema presenta unha alternativa ás autoclaves, ou calquera outro sistema de quentamento externo, moito máis eficiente canto ao gasto de enerxía sen variar as propiedades do material. Con este método pódense obter composites de fibra de carbono equivalentes ao actuais pero de forma moito máis rápida, con menor consumo de enerxía e con propiedades máis homoxéneas por permitir homoxeneidade térmica na peza durante todo o proceso de curado.
Características
Ano de lanzamento
2018
Estado
En fase de desenvolvemento
Innovación
A tecnoloxía permite o curado óptimo por medio do efecto Joule, cun control integral da temperatura, de pezas de compósite (resina sintética). É unha alternativa moito máis eficiente desde o punto de vista enerxético que calquera sistema de quentamento externo.
Até o momento, o curado de compósitos por aplicación do efecto Joule non se ten utilizado industrialmente de forma xeneralizada porque presenta moitos problemas á hora de controlar a temperatura en toda a masa, o que produce múltiples defectos: graos de curado distintos segundo as zonas, rechupes, deformacións e defectos superficiais das pezas moldeadas.
Curmecett (procedemento, dispositivo de control e programa informático) permite solucionar os problemas descritos, ao minimizar as diferenzas de temperatura dentro da resina durante todo o ciclo de curado. De feito, evita os sobrequecementos locais e as degradacións do material durante o proceso, até o punto de que posibilita empregar o efecto Joule para conseguir un curado óptimo. Obtense, así, un material de maior calidade en menos tempo.
Ademais é unha alternativa ás autoclaves, ou calquera outro sistema de quentamento externo, moito máis eficiente canto ao gasto de enerxía.
Composición
Aplicable a composites termoendurecibles reforzados con fibras condutoras tales como a fibra de carbono.
Certificacións
Información non dispoñible
Tests
Control da temperatura en toda a superficie durante o curado.
Propiedades
Resistencia ao lume: Non aplica
Resistencia á auga: Non aplica
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Non aplica
Dureza: Non aplica
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Non aplica
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Non aplica
Resistencia UV: Non aplica
Resistencia ao impacto: Non aplica
Resistencia ao resgado: Non aplica
Outras propiedades destacadas
Con este método pódense obter composites de fibra de carbono equivalentes ao actuais pero con propiedades máis homoxéneas por permitir homoxeneidade térmica na peza durante todo o proceso de curado.
Uso
Aplicacións
Esta tecnoloxía pode aplicarse en todos aqueles sectores en que se usen compósitos reforzados con fibras electricamente condutoras: aeronáutico, automoción, enerxía eólica (aeroxeradores), construción naval, mobiliario etc.
Na práctica a fibra condutora máis utilizada en resinas compostas é a fibra de carbono.
A invención ten maior interese canto maior sexa a cantidade de compósito que se desexe fabricar.
Variacións
Información non dispoñible
Opcións de pesonalización
Información non dispoñible
Dimensións
Ten maior interese canto máis grandes sexan as piezas. É idóneo para pezas de moitos metros de lonxitude como algunas das que se empregan en aeronáutica.
Fabricación
Trátase dun procedemento de curado por medio do efecto Joule, cun control da temperatura simultáneo na totalidade ou gran parte da superficie da peza, indicado para compósitos con fibras condutoras. Realízase mediante un programa informático, unha ou varias cámaras termográficas, unha fonte de corrente eléctrica continua ou alterna e un deseño que permita unha distribución adecuada das fibras condutoras na resina, para conectar electricamente esas fibras fóra dela.
A correcta distribución da enerxía a través dos feixes de fibras permite obter unha distribución espacial de temperaturas uniforme dentro dun rango determinado, e, por tanto, seguir con precisión, asemade en todas as partes da peza, un programa de temperaturas. Trátase dun procedemento aplicable sempre que a superficie, ou unha parte importante da mesa, sexa observable mediante cámaras termográficas.
Procesado
Información non dispoñible
Outras formas de procesado
Información non dispoñible
ENTIDADE DE CONTACTO
Universidade da Coruña
Edificio de Servizos Centrais de Investigación. Campus de Elviña, s/n, A Coruña
881017 173
OTRI@UDC.ES
Ramón Pedro Artiaga
981337400
ramon.artiaga@udc.es
Add any HTML content
inside the popup box!