VAGALUME, TECIDO CON FIBRA ÓPTICA | MG-8003

VAGALUME, TECIDO CON FIBRA ÓPTICA

MG-8003
Vidros

Material téxtil no que a fibra óptica, para a súa iluminación, se introduce a medida que se vai confeccionando, o que permite personalizalo e adaptalo a diferentes configuracións e con distintos tipos de fibras naturais ou sintéticas. O tecido resultante pódese lavar, moldear e coser, o que constitúe a súa maior cualidade.



Características

Ano de lanzamento
2015

Estado
Comercialmente dispoñible en pequenas cantidades

Innovación
A innovación deste téxtil é que a fibra se pode introducir a medida, nos puntos que se precisen e a cantidade necesaria, mesmo variar as distancias sen patrón predeterminado ou medida. O tecido resultante, pódese lavar, moldear ou coser sen que sufra ningún dano, permitindo infinidade de posibilidades de adaptación a case calquera produto polo seu deseño. A fibra utilizada tamén é diferente ás utilizadas en deseños industriais estándares, sendo máis luminosa e ao ser de cristal, máis difícil de traballar.

Composición
O material pódese facer a medida, polo proceso artesanal, utilizando calquera tipo de fibras naturais ou non.
Neste caso concreto, no que se mostra nas imaxes, utilizouse fibra de vidro de cristal 15%, la de mohair en 40%, liño- raión 40% e fío de prata, 5%.

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Baixa
Resistencia á auga: Media
Acústica: Non aplica
Óptica: Translúcido
Resistencia química: Non aplica
Dureza: Non aplica
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Baixa
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Media
Resistencia ao raiado: Non aplica
Resistencia UV: Baixa
Resistencia ao impacto: Non aplica
Resistencia ao resgado: Media

Outras propiedades destacadas
Debido á fibra óptica que inclúe, pode transportar datos. É flexible, maleable e condutor de luz e datos. Pode usarse para domótica.

Uso

Aplicacións
Iluminación, arquitectura, señaléctica, construción, automoción, decoración, moda, domótica...

Variacións
O material é totalmente versátil e traballouse con materiais como o liño, a la ou o liño con raión. Admite calquera tipo de fibra e formato, cor ou tamaño podendo escalarse o deseño de manera industrial. Tamen se poden facer patterns no deseño do tecido, trama.

Opcións de pesonalización
Totalmente personalizable

Dimensións
En calquera formato correspondente ao téxtil, faise a medida.

Fabricación
Técese, nun tear tradicional, a medida, segundo un deseño téxtil previo adaptado ás necesidades do produto para aplicar, ao mesmo tempo que se confecciona o tecido, vanse introducindo as unidades de fío de fibra óptica requiridas para o produto final.

Procesado
Cosido

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Rir & Co Diseño Textil Artesano

Rúa das Hortas 7, 32660 Allariz, Ourense

988442521

ines@rirandco.com

https://rirandco.com


×