Fío de polietileno reciclado | MG-6033

Fío de polietileno reciclado

MG-6033
Polímeros

Fío de PE (polietileno) reciclado para o seu uso como material de achega en soldaduras de plástico. Este material deriva dos contedores isotermos danados que non poden ser reparados. O material no canto de ser refugado convértese en fío para que poida reutilizarse. Os contedores isotermos así como outros produtos plásticos que poden ser reparados repáranse con este fío reciclado no canto de utilizar un fío de PE virxe. Ademais de ser reciclado, a materia prima é local co que se evita o consumo de material virxe proveniente doutros lugares do planeta. A metodoloxía de reparación non varía con este material, polo que é un remplazo directo ao fío virxe utilizado comunmente na actualidade.



Características

Ano de lanzamento
2022

Estado
En fase de desenvolvemento

Innovación
Ao reparar os diferentes produtos de polietileno xéranse moitos residuos, que con esta invención poden ser utilizados de novo, xerando novo fío para poder volver soldar.

Por outra banda, só para a zona de referencia na que se fixo traballo (comarca de Bergantiños), eliminaríanse case 8 toneladas de residuos de varias empresas, que doutro xeito terían que ser enviados a xestores autorizados.

Coa reutilización destes contedores elimínase a etapa de transformación de produto fósil a polietileno, e a maiores afórrase a enerxía necesaria para a transformación.

O polietileno que forma parte de todos estes útiles é un termoplástico que ofrece a posibilidade de ser reciclado, de aí a idea de transformar os restos do mesmo en fío para soldar, ou para impresión 3D.

Composición
Polietileno de alta densidade reciclado

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Non aplica
Óptica: Opaco
Resistencia química: Alta
Dureza: Non aplica
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Baixa
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Baixa
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
Substitución directa do fío de PE virxe.

Uso

Aplicacións
Reparación de produtos plásticos.

Variacións
Dependendo do produto de orixe, o material resultante pode ter diferentes cores.

Opcións de pesonalización
Información non dispoñible

Dimensións
Fío dispoñible en bobinas.

Fabricación
Pasos do proceso:

1. Clasificación de restos do material de polietileno por cores .
2. Os restos son expostos a un proceso de triturado.
3. Co material resultante, procédese a facer un lavado (por inmersión) para eliminar pegamentos, restos orgánicos, etc.
4. Secado con centrifugado e aire para eliminarlle a humidade.
5. O material obtido pasa por un proceso de extrusión, a unha temperatura entre 230 °C e 250 °C.
6. O fío sométese a un proceso de arrefriado.

Para a actividade de soldadura plástica emprégase unha extrusora (marca Leister Weldplast) alimentada con fío de polietileno de 4 mm de sección.

O proceso de soldado co novo material é semellante ao usado para calquera obxecto:
1. Limpeza do material.
2. Soldado coa extrusora.
3. Arrefriado.
4. Repasado cunha amoladora recta.

Os útiles cos que se probou este material, e se comproba que funciona, son:

-Contedores (lixo, residuos, alimentarios)
-Depósitos (auga ou gasoil)
-Caixas de pescado
-Canoas

Procesado
Extrusión
Soldable

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Universidade de Santiago de Compostela

Facultade de física

881814028

https://investigacion.usc.gal/investigadores/59671/detalle?lang=es


Jorge MIra Pérez

Catedrático do departamento de física aplicada

620268900

jorge.mira@usc.es

José Manuel Sánchez Gómez

Monitor de taller de Aspaber

626424276

josemanuelsanchez@aspaber.com

×