Fibra óptica recuberta de níquel | MG-9010

Fibra óptica recuberta de níquel

MG-9010
Procesos

Fibra óptica recuberta de níquel, deseñada para monitorizar aplicacións en ambientes extremos, con temperaturas de servizo superiores a 400ºC, en ambientes corrosivos ou con vibracións. Este sensor proporciona inmunidade ás interferencias electromagnéticas, durabilidade en ambientes duros/corrosivos, detección remota de temperatura e tensión neses ambientes, capacidade de multiplexación e amplo rango de operación, ademais de permitir a interrogación a longa distancia sen unha interface eléctrica. Os sensores de fibra óptica son unha boa solución para moitos destes desafíos, pero debido á súa fraxilidade mecánica deben estar protexidos externamente para garantir a estabilidade mecánica ante condicións moi esixentes e imprevistos. O proceso de produción permite recubrir unha fibra óptica con diferentes metais para conseguilo.



Características

Ano de lanzamento
2022

Estado
En fase de desenvolvemento

Innovación
O proceso de recubrimento continuo desta fibra, e a flexibilidade do proceso que permite variabilidade no espesor do recubrimento.

Composición
Fibra óptica base SiO2 e Ni

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Esta fibra foi creada para ser un sensor de temperatura e deformación, polo que se fixeron tets de temperatura ate 1050ºC e ensaios a tracción de ata 80kN, ainda que podería soportar máis tensión.

Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Non aplica
Óptica: Opaco
Resistencia química: Alta
Dureza: Alta
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Media
Resistencia á fatiga: Alta
Conductividade térmica: Alta
Resistencia a tracción: Alta
Resistencia ao raiado: Alta
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Alta

Outras propiedades destacadas
Información non dispoñible

Uso

Aplicacións
Esta fibra está pensada para aplicar como sensor continnuo en aplicación de ambientes extremos: altas temperaturas e/ou corrosivos, en sectores como o enerxético, aeronáutico, naval ou industrial.

Variacións
Información non dispoñible

Opcións de pesonalización
O espesor da capa de recubrimento, normalmente basada en níquel é configurable, e ademáis poderíase aplicar outro metal, no lugar do níquel, como cobre.

Dimensións
A fibra óptica, que é a base, ten 125micrómetros de diámetro e ata km de lonxitude. O recubrimento de níquel aplícase na superficie da fibra en toda a súa lonxitude. O espesor de recubrimento vai dende unas decenas de micras a mm.

Fabricación
Baixo protección.

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Técnicas de recubrimento de materiais

ENTIDADE DE CONTACTO

AIMEN Centro Tecnológico

Relva 27A, Torneiros, Porriño

986344000

comunicacion@aimen.es

https://www.aimen.es/


Tania Grandal

Investigadora

662453081

tania.grandal@aimen.es

×