FLUORURO DE FERRO NANOESTRUTURADO
MG-5004
O fluoruro de ferro nanoestruturado proponse como material catódico de alta capacidade específica en baterías de ión-Li. A necesidade actual do aumento da capacidade neste tipo de dispositivos está a promover a investigación de novos materiais que aumenten as prestacións das baterías recargables de ión –Li. O uso de fluoruro de Fe coma material de eléctrodo fronte ao tradicionalmente empregado nestes dispositivos (LiCoO2) supón un incremento da capacidade de entorno ó 200%.
Os materiais tradicionalmente empregados como cátodos nas baterías de ión litio basean o seu mecanismo de reacción en reaccións de inserción, onde o ión de litio ocupa ocos da estrutura do material do eléctrodo limitándo a súa capacidade ó numero dispoñible de ocos nos materiais de eléctrodo. O incremento de capacidade específica asociado ó uso deste material nanaoestruturado baséase no cambio do mecanismo de reacción, xa que este material presenta durante o ciclado da batería reaccións de conversión que permiten a obtención de maiores capacidades específicas debido á utilización de tódolos estados de oxidación posible do material de eléctrodo durante o ciclo redox.
A síntese do fluoruro de ferro nanoestruturado realízase directamente a partir dunha lámina de ferro de alta pureza mediante métodos electroquímicos sinxelos, onde esta lámina de ferro metálico actuará, á súa vez, como colector de corrente nas baterías. O material obtido en forma de capa nanoestruturada presenta un espesor de entorno a 2 µm e uns poros dun diámetro medio de 50 a 75 nm, obténdose un material de elevada relación entre cantidade de material activo e peso. Este material presenta un alto rendemento electroquímico debido á súa elevada superficie activa, así como a diminución dos problemas de condución eléctrica entre o material activo e o colector de corrente. Isto último conséguese ao substituir unha interfase de carácter mecánico asociada a importantes perdas de condución entre o material colector de corrente e o material activo de electrodo por unha interfase química sen apenas pérdidas de corrente na interfase. Isto constitúe unha característica diferenciadora do material proposto xa que na maior parte dos traballos que investigan a utilización de compostos fluorados coma materiais catódicos estes empréganse en forma de po compactado sobre o colector, xerando unha alta caída óhmica na zona da interfase.
Este material presenta, fronte ó LiCoO2, importantes vantaxes competitivas a hora do seu escalado industrial das que destacan:
• Menor custo e maior abundancia das materias primas.
• Simplificación e diminución de custos no proceso industrial, por eliminación do colector de corrente alleo ó material de reserva enerxética.
• Emprego dun material reciclable e de alto rendemento electroquímico.
Características
Ano de lanzamento
2017
Estado
Información non dispoñible
Innovación
Información non dispoñible
Composición
A capa de material catódico componse principalmente por FeF3, aínda que tamén se atopa FeF2 así como unha menor porcentaxe de mestura de óxidos de ferro localizados na parte máis superficial da capa.
Certificacións
Información non dispoñible
Tests
Información non dispoñible
Propiedades
Resistencia ao lume: Non aplica
Resistencia á auga: Non aplica
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Non aplica
Dureza: Non aplica
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Non aplica
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Non aplica
Resistencia UV: Non aplica
Resistencia ao impacto: Non aplica
Resistencia ao resgado: Non aplica
Outras propiedades destacadas
Alta capacidade específica, en termos comparativos, o uso dun cátodo de LiCoO2 tradicionalmente empregado supón unha capacidade especifica teórica para este material de 274 mAh/g mentres que o uso dun FeF3 supón una mellora en capacidade específica teórica ata un valor de 700 mAh/g.
Alta relación entre material activo e peso, obtendo para pesos baixos moita cantidade de material activo debido a súa elevada superficie activa.
Reciclable e máis sostible que a actual alternativa de material catódico.
Uso
Aplicacións
Este material preséntase como alternativa de material de electrodo de alta capacidade para os cátodos das baterías recargables de ión–Li.
En termos comparativos, o uso dun cátodo de LiCoO2 tradicionalmente empregado supón unha capacidade específica teórica para este material de 274 mAh/g mentres que o uso dun FeF3 supón una mellora en capacidade específica teórica ata un valor de 700 mAh/g.
Variacións
Información non dispoñible
Opcións de pesonalización
Información non dispoñible
Dimensións
Información non dispoñible
Fabricación
Información non dispoñible
Procesado
Información non dispoñible
Outras formas de procesado
Información non dispoñible
ENTIDADE DE CONTACTO
UNIVERSIDADE DE VIGO
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende Vigo
X. RAMÓN NÓVOA / BEATRIZ GUITIAN SACO
986812219
bea.guitian@uvigo.es
Add any HTML content
inside the popup box!