AEROXEL | MG-9006

AEROXEL

MG-9006
Procesos

Aeroxeles biocompatibles obtidos a partir de polímeros naturais (amidón, alginato e quitosano entre outros). O material é lixeiro e altamente poroso (99%) e ten capacidade de incorporar diversos axentes bioactivos con capacidade antimicrobiana, antiinflamatoria e promotores de rexeneración tisular. Ademais, os aeroxeles presentan diferentes propiedades segundo a súa formulación que poden ser moduladas en función do método de procesado. Para aplicacións biomédicas, os aeroxeles utilízanse en implantes óseos para medicina rexenerativa, no tratamento de feridas crónicas e en administración pulmonar.



Características

Ano de lanzamento
2019

Estado
Información non dispoñible

Innovación
Información non dispoñible

Composición
Dependendo da natureza do xel, podemos falar de aeroxeles orgánicos, inorgánicos ou híbridos; sintéticos ou naturais, etc. Aquí presentamos aeroxeles obtidos a partir de dous polímeros naturais, amidón e quitosano, para aplicacións biomédicas debido ao seu alto grao de biocompatibilidade. Estes aeroxeles incorporan diversos axentes bioactivos con capacidade antimicrobiana, antiiflamatoria e promotores de rexeneración tisular.

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Non aplica
Resistencia á auga: Non aplica
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Media
Dureza: Non aplica
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Media
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Non aplica
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
Alta porosidade
Alta área específica
Baixo peso
Excelentes propiedades de fluxo
Versatilidade de morfoloxías

Uso

Aplicacións
Segundo a súa composición, os aeroxeles presentarán diferentes propiedades que poden ser moduladas en función do método de procesado. Polo tanto, o uso de aeroxeles ten cabida en diversos campos. Son considerados materiais superillantes e comercialmente utilízanse como illantes térmicos tanto fronte a calor como a frío para diferentes ámbitos (aeroespacial, construción, tecidos técnicos, petrolífera), entre outros ( aeroxeles como
catalizadores e sensores químicos). O presente desenvolvemento de aeroxeles de amidón, alginato e quitosano no noso equipo de investigación ten a súa aplicación en implantes óseos para medicina regenerativa, no tratamento de feridas crónicas e en administración pulmonar. As tres aplicacións están encamiñadas a contribuír á mellora da saúde e a aliviar altos custos sociosanitarios asociados con estas patoloxías.

Variacións
Aeroxeles de quitosano, alginato e amidón.

Opcións de pesonalización
Si

Dimensións
Micropartículas (micras), perlas (mm), cilindros e discos (varios cm).

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Obtidas por combinación tecnolóxica de métodos sol-xel e secado supercrítico a baixa temperatura.

ENTIDADE DE CONTACTO

Grupo I+D Farma. AERoGELS lab. USC

Facultad de Farmacia - Campus da Vida. Praza do Seminario de Estudos Galegos s/n. Santiago de Compostela (A Coruña)

881 814 882

https://www.idfarmausc.es/


Carlos A. García González

644 446 476

carlos.garcia@usc.es

×