PLÁSTICO REFORZADO CON FIBRAS FORESTAIS RESIDUAIS PROCEDENTES DO MONTE GALEGO | MG-6022

PLÁSTICO REFORZADO CON FIBRAS FORESTAIS RESIDUAIS PROCEDENTES DO MONTE GALEGO

MG-6022
Polímeros

Material termoplástico de inxección ou extrusión (por exemplo, PP, ABS ou PLA) reforzado con fibras de madeira procedentes de residuos forestais de montes, en proporcións variables ata un 50% segundo as propiedades mecánicas ou estéticas desexables, e un aditivo inferior a un 2% compatibilizante da interface de contacto entre a matriz plástica e a fibra natural. Este material ten como propiedade a súa elevada versatilidade, que lle permite ser utilizado para obter pezas decorativas en función da materia prima de orixe e das condicións de procesamento do biocomposite.



Características

Ano de lanzamento
2012

Estado
Información non dispoñible

Innovación
Información non dispoñible

Composición
Grao termoplástico de inxección ou extrusión plástica (por ex. PP ou ABS ou bioplásticos como o PLA), fibras naturais de orixe natural obtidas dos residuos forestais dos montes galegos (en porcentaxe variable segundo as propiedades mecánicas e estéticas finais que se desexen, ata un 50%), aditivo compatibilízante da interface de contacto entre matriz plástica e fibra natural (inferior a un 2%).

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Alta
Dureza: Media
Tenacidade: Alta
Elasticidade: Media
Resistencia á fatiga: Alta
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Media
Resistencia ao raiado: Baixa
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
Propiedades mecánicas similares ao plástico base e as propiedades mecánicas (tracción, flexión e impacto) lixeiramente melloradas. Estudos feitos en CTAG demostran que un polipropileno para inxección plástica reforzado en masa cun 40% fibras de madeira de pino é equivalente en propiedades mecánicas ao mesmo grao de polipropileno de inxección reforzado cun 20% de fibra de vidro.
Aspecto natural real

Uso

Aplicacións
Pode moldearse por inxección ou extrusión plástica para fabricar pezas decorativas con estética natural real para interiores de vehículos (en contraposición cos materiais totalmente plásticos que soamente semellan a aparencia natural) cuns requisitos medios de resistencia á temperatura, por exemplo na zona media do panel de control ou no panel de porta. A fibra forestal pode ir dosificada en masa (previo paso por una máquina de compounding) para ter unha función combinada de reforzo mecánico e estética natural ou pode ir encapsulada sobre a superficie cun filme plástico para acadar o aspecto natural final.
Ademais, ao tratarse de un biocomposite plástico, pode procesarse cun patrón ou texturizado no molde ou, coma calquera peza plástica, pode vernizarse, pintarse, gravarse con láser, etc. para potenciar así a súa estética natural con elementos decorativos adicionais. Incluso no caso dos filmes, se se emprega un termoplástico transparente, é posible combina-lo con retro-iluminación.
Polo tanto é un material de interese tanto para o sector de automoción (turismos, vehículos comerciais, camións, autobuses, etc.) como para o sector do ferrocarril, o sector aeronáutico ou a industria de fabricación de embarcacións navais, sobre todo como pezas decorativas.

Variacións
Información non dispoñible

Opcións de pesonalización
Información non dispoñible

Dimensións
Información non dispoñible

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG)

Polígono Industrial A Granxa. Porriño (Pontevedra)

986 900 300

https://ctag.com/


Raquel Ledo

raquel.ledo@ctag.com

×