PLÁSTICOS CON PO DE CUNCHA MARIÑA PROCEDENTE DA INDUSTRIA CONSERVEIRA GALEGA | MG-6021

PLÁSTICOS CON PO DE CUNCHA MARIÑA PROCEDENTE DA INDUSTRIA CONSERVEIRA GALEGA

MG-6021
Polímeros

Material plástico reforzado con po de cunchas mariñas para unha ampla gama de graos de inxección termoplástica ou moldeable por extrusión plástica. O material ten como propiedades a súa compatibilidade cunha ampla gama de materiais termoplásticos, tanto petroquímicos (PP ou APS) como biodegradables (PLA), así como resistencia mecánica e durabilidade mellorada das pezas. Presenta versatilidade estética, pois pode incorporar patróns ou texturados no molde, pódese vernizar, pintar, gravar ao láser… e é posible combinalo con retroiluminación. Utilízase principalmente en pezas decorativas e filmes con estética anacarada e brillante, para interiores de vehículos automóbiles, ferroviarios, aeronáuticos ou navais, con requisitos medios de resistencia a temperatura.



Características

Ano de lanzamento
2014

Estado
Información non dispoñible

Innovación
Información non dispoñible

Composición
Grao termoplástico para inxección ou extrusión e polvo de cuncha mariña (ata un 30%) procedente de residuos da industria conserveira. O polvo mariño é compatible cunha ampla gama de materiais termoplásticos, tanto petroquímicos (coma o PP ou o ABS) como biodegradables (coma o PLA).

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Alta
Dureza: Media
Tenacidade: Alta
Elasticidade: Media
Resistencia á fatiga: Non aplica
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Media
Resistencia ao raiado: Baixa
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Non aplica

Outras propiedades destacadas
Moi alta resistencia aos raios UV, sen perda nin cambio de cor (demostrado despois dun test en cámara climática de 8 horas de exposición intensa a 66 W/m2).
As emisións volatiles que desprende o polvo de cuncha mariña e causantes de olores desaparecen practicamente na súa totalidade durante o procesado termo-mecánico (compounding, inxección ou extrusión plástica) por mor das altas temperaturas.
Aspecto nacarado real grazas a un material baseado nun recurso renovable mariño.

Uso

Aplicacións
Pode moldearse por extrusión plástica para fabricar filmes decorativos con estética nacarada e brillante para interiores de vehículo cuns requisitos medios de resistencia á temperatura, por exemplo na zona media do panel de control ou no panel de porta.
O polvo de cuncha mariña tamén pode ir dosificado en masa (previo paso por una máquina de compounding) para ter unha función combinada de estética nacarada e reforzo mineral, aproveitando que o carbonato cálcico da cuncha pode actuar como axente nucleante e acelerar o arrefriamento da peza na saída do molde, incrementando así a resistencia mecánica e durabilidade da peza.
É compatible con outros procesos de decoración que acentúen aínda máis a estética nacarada, por exemplo un patrón ou texturizado no molde ou, coma calquera peza plástica, pode vernizarse, pintarse, gravarse con láser, etc. Incluso no caso dos filmes, se se emprega un termoplástico transparente, é posible combina-lo con retro-iluminación.
Polo tanto é un material de interese tanto para o sector de automoción (turismos, vehículos comerciais, camións, autobuses, etc.) como para o sector do ferrocarril, o sector aeronáutico ou a industria de fabricación de embarcacións navais, sobre todo como pezas decorativas.

Variacións
Información non dispoñible

Opcións de pesonalización
Información non dispoñible

Dimensións
Información non dispoñible

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG)

Polígono Industrial A Granxa. Porriño (Pontevedra)

986 900 300

https://ctag.com/


Raquel Ledo

raquel.ledo@ctag.com

×