CATPRINT
MG-4006
CerámicosCatalizadores heteroxéneos metal-cerámicos (CERMETS). Neles, a estrutura soporte e as especies cataliticamente activas intégranse en masa: o catalizador proposto está formado por unha estrutura híbrida dun ou máis metais e por unha ou máis fases cerámicas, conformadas conxuntamente nunha estrutura 3D predeseñada.
Patente número ES2824324.
Estes catalizadores presentan como propiedades que son reciclables, reutilizables e non contaminan os produtos da reacción catalizada, son custo-eficientes, estables e específicos. Estes catalizadores utilízanse ata o momento na síntese de medicamentos, pero os catalizadores heteroxéneos empréganse en moitas reaccións químicas (química do petróleo, alimentación, química verde…).
Características
Ano de lanzamento
2019
Estado
Información non dispoñible
Innovación
Información non dispoñible
Composición
Metal-cerámica, cunha fase continua de cerámica, xeralmente AI2O3, TiO2, ZrO2 ou SiO2, e unha fase dispersa de micro ou nanopartículas metálicas, xeralmente dun metal nobre ou un metal de transición, por exemplo Fe, Co, Ni, Pt, Au, Cr, Mn, W, Ag ou Cu.
Certificacións
Información non dispoñible
Tests
Información non dispoñible
Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Alta
Acústica: Non aplica
Óptica: Non aplica
Resistencia química: Alta
Dureza: Alta
Tenacidade: Alta
Elasticidade: Non aplica
Resistencia á fatiga: Alta
Conductividade térmica: Non aplica
Resistencia a tracción: Non aplica
Resistencia ao raiado: Alta
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Media
Resistencia ao resgado: Non aplica
Outras propiedades destacadas
Actividade catalítica.
Especificidade.
Estabilidade química
Estabilidade térmica.
Reutilizabilidade, ou capacidade para ser utilizado en sucesivas operacións.
Resistencia ó desgaste.
Rapidez de fabricación: un determinado catalizador, con un metal dado pode ser deseñado e fabricado en menos dunha semana en cantidades suficientes para o seu ensaio.
Uso
Aplicacións
Os catalizadores heteroxéneos utilízanse nunha enorme cantidade de reaccións químicas, en campos tan distintos como a química do petróleo, a alimentación, a química farmacéutica, a síntese orgánica, a química fina, a química verde (Green Chemistry), a Flow Chemistry, etc...
Aínda que se realizaron ensaios de aplicación dos nosos catalizadores CatPrint en distintos sectores (por exemplo un estudo de aplicación na industria petroquímica levado a cabo por EXXON MOBIL USA en 2019), os nosos catalizadores dedicáronse ata o momento á síntese de medicamentos, debido á súa eficiencia, a súa estabilidade, a súa reutilizabilidade, a súa especificidade e a relación custo/eficiencia que presentan.
Variacións
De tamaño, forma e tamaño de poros elexibles.
Opcións de pesonalización
Forma, tamaño macroporosidade e microporosidade a demanda.
Dimensións
A demanda, según aplicación.
Fabricación
Por procedementos de impresión 3D.
Procesado
Información non dispoñible
Outras formas de procesado
Procesamento térmico á temperatura de sinterización do material, entre 800 e 1800º C, en atmosferas controladas e/ou baleiro.
ENTIDADE DE CONTACTO
Grupo Cerámica y Materiales Industriales (ICG). Instituto de Cerámica de Galicia, USC
Avenida do Mestre Mateo nº 25. Santiago de Compostela (A Coruña)
981 563 100
Francisco Guitián Rivera
609 856 090
francisco.guitian@usc.es
Add any HTML content
inside the popup box!