VIGA ETC, VIGA ALIXEIRADA DE MADEIRA ECOTIMBERCELL | MG-7036

VIGA ETC, VIGA ALIXEIRADA DE MADEIRA ECOTIMBERCELL

MG-7036
Naturais

Sistemas estruturais celulares ecolóxicos de madeira e derivados desta (gama de vigas alixeiradas de madeira). Estes sistemas presentan como propiedades que almacenan carbono a longo prazo, reducen a pegada de carbono e o custo enerxético comparados con outros materiais, minimizan o uso de madeira nos sistemas construtivos e reducen a utilización de ligantes artificiais, pois utilizan un taboleiro de fibras de madeira ao que estas se unen directamente coa propia lignina. Utilízanse como vigas e elementos estruturais en edificación, sendo posible a súa utilización como muros de armazón de alta eficiencia enerxética para a construción de cerramentos ou de sistemas de forxados de altas prestacións.



Características

Ano de lanzamento
2021

Estado
Información non dispoñible

Innovación
Información non dispoñible

Composición
A célula EcoTimberCell está formada por dous cordóns de madeira aserrada, madeira local certificada obtida dos montes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de alto potencial forestal, conectados por taboleiros hardboard totalmente ecolóxicos.
A madeira aserrada de pequeno tamaño, empalmada por testas mediante unións en finger, permite a realización dun saneado da madeira e, por tanto, aproveitar pezas de árbores de pouca calidade e lonxitude.
A madeira aserrada forma os cordóns, superior e inferior, e a conexión a cortante realízase mediante o taboleiro hardboard.
Trátase dun taboleiro de fibras de madeira de alta densidade que utiliza, como materia prima, madeira de mínimo valor como restos de podas e madeira non válida para outros usos de almacenamento de carbono a longo prazo e, como adhesivo, neste caso, adhesivo natural, a lignina, material orgánico presente na madeira con propiedades termoplásticas.
O emprego destes taboleiros supón unha gran innovación pola caracterización realizada para a súa incorporación en EcoTimberCell como taboleiro estrutural. É un taboleiro cunha densidade moi alta e un espesor reducido.
A conexión entre cordóns e taboleiros pódese realizar mediante adhesivo estrutural ou mediante empalme de unión dentada.

Certificacións
Información non dispoñible

Tests
Información non dispoñible

Propiedades
Resistencia ao lume: Media
Resistencia á auga: Baixa
Acústica: Absorbente
Óptica: Opaco
Resistencia química: Non aplica
Dureza: Media
Tenacidade: Alta
Elasticidade: Alta
Resistencia á fatiga: Alta
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Alta
Resistencia ao raiado: Baixa
Resistencia UV: Non aplica
Resistencia ao impacto: Alta
Resistencia ao resgado: Alta

Outras propiedades destacadas
Lixeireza.

Un elemento estrutural de madeira, a igualdade de peso, é catro veces máis resistente que o ferro.

Os produtos EcoTimberCell optimizan o uso do material, da madeira, conseguindo un produto con gran inercia e que permite un aforro de material fronte a unha sección maciza maior ao 60%.

Illamento térmico. A madeira seca é un excelente illante térmico e eléctrico, vantaxe que aproveitan os produtos de madeira.

Estabilidade dimensional. Ten unha estabilidade dimensional moi grande aínda que cambie sensiblemente a teor da humidade ambiente.

Uso

Aplicacións
EcoTimberCell propón unhas vigas alixeiradas de madeira de alta eficiencia estrutural utilizando o mínimo material e actuando como sumidoiros de CO2 a longo prazo, como substituto dos materiais habituais en construción (aceiro e formigón) de alto custo enerxético.
A viga ETC é a unidade mínima que sairá ao mercado como elemento estrutural lineal illado para incluír directamente na edificación.
Doutra banda, exponse a versión totalmente ecolóxica, a viga ETC+ que aposta pola eliminación do uso de adhesivos tradicionais, utilizando un encaixe carpinteiro na conexión entre cordóns e taboleiros.
En caso de quedar a viga EcoTimberCell exposta, é dicir, sen ningún tipo de protección fronte a unha posible situación de incendio, exponse a versión do ETC dobre que permite garantir a resistencia a lume do elemento estrutural segundo a esixencia en cada caso. Incorpórase illamento na cavidade interior da viga e auméntase o canto do cordón inferior de maneira que a sección estrutural conformada polo cordón superior, o taboleiro central e a sección eficaz do cordón inferior garanten o tempo de evacuación requirido.
Por último, cabe apuntar que, por mor da seriación das vigas, é posible a proxección de sistemas estruturais como muros de armazón de alta eficiencia enerxética para a construción de cerramentos, ETC Frame, ou de sistemas de forxados de altas prestacións, ETC Box.

Variacións
Información non dispoñible

Opcións de pesonalización
Información non dispoñible

Dimensións
Información non dispoñible

Fabricación
Información non dispoñible

Procesado
Información non dispoñible

Outras formas de procesado
Información non dispoñible

ENTIDADE DE CONTACTO

Grupo Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE). USC

Campus Universitario de Lugo. Rúa Benigno Ledo, 2. Lugo

982 823 322

https://www.life-ecotimbercell.eu/


Begoña Jiménez Urquía

635 20 51 39

begona.jimenez.urquia@usc.es

×