LA GALEGA FIADA A MAN
MG-7037
NaturaisLa de ovella galega fiada á man, de produción local a pequena escala. Este material ten múltiples aplicacións. Así, fiado, utilizase para tecer calquera peza de roupa ou cobertor e en mechas, para confeccionar colchóns ou recheos de útiles do fogar. En arquitectura tamén se pode utilizar como illante natural ambiental e acústico. Como proteína animal, pódese empregar como fertilizante para o solo, xa que é unha fonte de nitróxeno de liberación lenta.
Características
Ano de lanzamento
2015
Estado
Información non dispoñible
Innovación
Información non dispoñible
Composición
La de ovella galega.
Certificacións
Información non dispoñible
Tests
Información non dispoñible
Propiedades
Resistencia ao lume: Alta
Resistencia á auga: Media
Acústica: Illante
Óptica: Opaco
Resistencia química: Baixa
Dureza: Media
Tenacidade: Non aplica
Elasticidade: Media
Resistencia á fatiga: Media
Conductividade térmica: Baixa
Resistencia a tracción: Media
Resistencia ao raiado: Baixa
Resistencia UV: Alta
Resistencia ao impacto: Alta
Resistencia ao resgado: Media
Outras propiedades destacadas
Resistencia: propiedade que permite á la estirarse en gran proporción antes de romper. Isto é moi importante, dende a óptica do téxtil xa que nos procesos industrializados como o cardado, o peiteado ou o fiado a fibra sufre moita tensión e debe manterse intacta.
Elasticidade: propiedade íntimamente relacionada co anterior. A la, despois de estirarse, volta ao seu longo natural. A elasticidade ven dada da estructura helicoidal das súas moléculas. Grazas a estas propiedades recobra a súa extensión. Así a la ten a habilidade de reter a forma e de manter certa elasticidade ao mesmo tempo.
Higroscopicidade: tódalas fibras absorben a humidade da atmosfera e a la é, se cabe, a que reliza este proceso en maior proporción. A la é higroscópica, é dicir, que absorbe vapor de auga da atmosfera húmida e pérdeo cando seca. A fibra da la é capaz de absorber ata o 50% do seu peso ao torcela. Por iso é que mantén a calor a pesar de estar húmida ou mollada.
Flexibilidade: é a propiedade das fibras da lá pola que se pode dobrar con facilidade sen quebrarse ou romper. Facendo dela un material moi resistente.
Antibacteriana e antimicrobiana: retrasa ou elimina a aparición dos cheiros. A la ten propiedades antimicrobianas naturais, dado polas esquemas da febra que repelen as bacterias e ademáis contén lanolina que ten propiedades antibacterianas.
Hidrófuga: repele a auga.
Gran capacidade calorífica: a la inflama a unha temperatura máis elevada que o algodón e algunhas fibras sintéticas. Ten unha menor taxa de propagaçión de chama, unha menor taxa de liberación de calor, un menor calor de combustión e non se derrete ou gotexa. Os tapetes de la son especificados para ambientes de alta seguridade, como trens e aeronaves. A la é xeralmente especificada para roupas de bombeiros, soldados e outros en ocupacións onde estean expostos ao risco de incendio.
Conten queratina que protexe dos raios ultravioletas.
100% ecolóxico
Uso
Aplicacións
Múltiples como calquera material téxtil. Fiado para tecer calquera prenda ou cobertor e en mecha para confeccionar colchóns, ou recheos de útiles do fogar como antigamente se facía en Galicia.
No campo da arquitectura tamén se pode usar como illante natural ambiental e auditivo.
Tamén destaca que como proteína animal é susceptibel de ser usada como fertilizante do chan xa que é unha fonte de nitróxeno de liberación lenta.
Variacións
Información non dispoñible
Opcións de pesonalización
Información non dispoñible
Dimensións
Información non dispoñible
Fabricación
Información non dispoñible
Procesado
Información non dispoñible
Outras formas de procesado
Información non dispoñible
ENTIDADE DE CONTACTO
Io Morales Sánchez
Paseo da Quinta nº55.Santiago de Compostela (A Coruña)
ola@iotextil.com
Io Morales Sánchez
646 664 070
Add any HTML content
inside the popup box!