Presentamos un informe de vixilancia tecnolóxica, elaborado pola empresa Materially, sobre residuos industriais en Galicia e as oportunidades en materiais e procesos para a súa revalorización.
Neste informe, de 84 páxinas escritas en formato bilingüe: galego-castelán, preséntanse diversas alternativas para a revalorización de residuos de diversa tipoloxía: residuos da construción (RCD) e residuos do procesado de recursos mineiros, residuos metálicos, residuos orgánicos, residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), residuos de plásticos e caucho, residuos téxtiles e lodos de depuración de augas residuais.
Este informe propón o emprego dalgunhas solucións innovadoras e eficientes, xeralmente en forma de materiais e tecnoloxías, como resposta á oportunidade da revalorización de diversos tipos de residuos naturais, industriais e post-industriais.
Algúns dos materiais presentados no informe, por ser desenvoltos en Galicia, xa figuran como parte do mostrario co que conta a exposición da Materioteca de Galicia.
Indicamos as súas referencias a continuación:
As fibras de residuo de lousa, o cemento con base en residuos de cinzas ou as esferas de alxinato.
Pódese acceder ao informe a través da seguinte ligazón.