O podcast da Materioteca de Galicia chega á súa terceira entrega con outro apaixonante tema: a minería urbana e os materiais críticos para a transición enerxética. Deborah García Bello, a condutora deste podcast, cóntanos que o termo “minería urbana” corresponde, en realidade, “a unha maneira de aplicar os principios da economía circular”, pois se trata de xestionar os residuos “como potenciais recursos”.
Os oíntes da Materioteca de Galicia escoitarán, ademais, extractos da entrevista que Luis Fraga mantén con Alejo Calatayud, experto en economía circular que axuda ás organizacións para mellorar a súa xestión ambiental. Deberíanse deseñar os produtos pensando en como se incorporarán á economía circular? Son esaxerados quenes alertan da escaseza dalgúns materiais ou hai probas diso? É posible recuperar os máis de 50 elementos químicos que teñen os teléfonos móbiles e usalos como materia prima? Estas e outras preguntas terán as súas respostas neste capítulo.
O podcast A Materioteca de Galicia contribúe a divulgar a innovación nas tecnoloxías dos materiais dunha forma amena e accesible para todo tipo de públicos.
Accede ao noso podcast dende aquí.