O segundo episodio da Materioteca de Galicia xa está dispoñible en Spotify, Ivoox, Spreaker e as principais plataformas de audio. Deborah García Bello proponnos nesta entrega saber todas as posibilidades que ofrece a Biompresión 3D para a medicina do futuro, aínda que como afirma a condutora deste podcast pode falarse xa de “a medicina do presente”.
A intervención de María Gloria Álvarez, Cristian Passera e Bárbara Blanco, auténticos expertos na materia, lanzará luz aos oíntes, que se achegarán ás posibilidades na medicina da Bioimpresión 3D, independentemente de cales sexan os seus coñecementos científicos. Algunhas das preguntas que terán a súa resposta son, por exemplo, que é a Bioimpresión 3D, se na actualidade somos capaces de fabricar tumores artificiais por bioimpresión e por que se usan tecidos de porco para a bioimpresión de tumores.
O podcast A Materioteca de Galicia contribúe a divulgar a innovación nas tecnoloxías dos materiais dunha forma amena e accesible para todo tipo de públicos.
Accede ao noso podcast dende aquí.