Podcasts da Materioteca

A Materioteca de Galicia, embárcase na apaixonante aventura de divulgar ciencia nun formato innovador e ameno.

O podcast A Materioteca de Galicia nace co obxectivo de divulgar as tecnoloxías de innovación en materiais e estará conducido por Deborah García Bello, doutora en química e divulgadora científica. “Para min é un luxo, A Materioteca é un podcast de ciencia de materiais e eu non só me adiquei a iso, senón que elixín este tema para investigar de forma deliberada porque a min os materiais apaixónanme”, comenta a condutora deste contido no episodio 0 ou de presentación, que xa se pode escoitar.

TRES PRIMEIROS EPISODIOS

Deborah estará acompañada por Luis Fraga, comunicador que se encargará de entrevistar a outros expertos sobre os temas que centran cada episodio. Así, no capítulo introdutorio, conversarase coa propia Deborah sobre a súa carreira científica. A primeira entrega estará dedicada á “Intelixencia Artificial e o deseño de novos materiais” e contará con Jorge Mira como convidado. O episodio 2 abordará a “Bioimpresión 3D e o seu impacto na medicina do futuro” coa axuda de María Gloria Álvarez, Cristian Passera e Bárbara Blanco. “Minería urbana e os materiais críticos para a transición enerxética” é o título do episodio 3, que terá como convidado a Alejo Calatayud.

Para o responsable da Materioteca de Galicia, Santiago Nieto Mengotti, “a idea de lanzar os podcasts” xurdiu tras comprobar que esta é unha “ferramenta de comunicación que ten moitísima aceptación, sobre todo no público xove”.

DISPOÑIBLE EN SPOTIFY E OUTRAS PLATAFORMAS

O episodio de presentación de La Materioteca de Galicia está xa dispoñible nas principais plataformas de audio, coma Spotify, Spreaker e Deezer, entre outras.

Accede ao noso podcast dende aquí.