Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”
Data: 01/12/2022
Hora: 10.00 – 14.00 h.
Lugar: CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol)
A Materioteca de Galicia pecha o seu ciclo de catro workshops en formato híbrido destinados a explorar as oportunidades de innovación que representan os novos materiais en relación con procesos que aumentan a vida útil dos produtos e reducen o impacto ambiental a través da recuperación, a reutilización, a reciclaxe e o ecodeseño.
O ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”, organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación,remata o 1 de decembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) coa presentación de materiais obtidos a partir de produtos que chegan á fin da súa vida útil.
Este workshop permitirá coñecer experiencias de revalorización de produtos desbotados e tecnoloxías que permiten a transformación destes en materiais sostibles.
Durante a primeira parte da xornada, que será retransmitida online, representantes das empresas INS3RTEGA e EcoMagnet e do centro tecnolóxico Aitiip expoñerán as súas propostas de reciclado de textís e pó de imáns e un proxecto de transformación de resinas procedentes da aviación, do transporte e da construción, respectivamente.
A continuación, terá lugar un taller práctico de carácter presencial a cargo de Materially no que tamén será presentado un estudo estratéxico sobre materiais que supoñen darlle unha segunda vida a produtos desbotados e as tecnoloxías que o fan posible.
Este evento é de especial interese para profesionais do deseño e da enxeñaría e prescritores tecnolóxicos.
- Programa do workshop (pdf).
- Formulario de inscrición para asistencia presencial ao workshop completo (prazas limitadas).
- Formulario de inscrición para conexión vía streaming á parte expositiva do workshop.