Estudo estratéxico sobre Materiais para a xestión de enerxía

Xa está publicado o estudo estratéxico realizado por Materially a instancias da Materioteca de Galicia. Este informe contempla información sobre 30 fichas de materiais que foron seleccionados polas súas innovadoras capacidades para captar e almacenar diferentes tipos de enerxía: térmica, fotoeléctrica, vibracional, etc. A través da difusión este estudo, desde a Materioteca de Galicia, tratamos de estimular o desenvolvemento de novas propostas no ámbito do emprego de materiais innovadores. Máis información: Documento (pdf)

Esperamos que resulte de interese e inspiración para abordar novos retos. Gustaríanos recibir as súas opinións e comentarios sobre este traballo na nconta de correo electrónico: materioteca.gain@xunta.gal.