A Materioteca de Galicia continúa a súa programación de workshops o vindeiro 18 de xuño centrándose nos materiais para a captación de enerxía. Representantes dunha empresa e de tres centros de coñecemento galegos presentarán as súas innovacións neste campo durante o evento online o organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).
Durante este workshop online explorarase o potencial destes materiais para captar enerxía de xeito limpo e eficiente, contribuíndo así á achega de fontes sustentables e diversas para atender unha demanda enerxética en continuo aumento.
Como casos prácticos, representantes dos centros de coñecemento AIMEN, CTAG e CiQUS expoñerán diferentes proxectos para o desenvolvemento deste tipo de materiais, con aplicacións en sectores diversos como a automoción, a aeronáutica e a construción. Sobre este último sector versará tamén a exposición da empresa CUPA PIZARRAS, que presentará un captador solar integrado en lousa natural.
Na última parte do workshop, exporase unha selección internacional de materiais para a captación e xestión de enerxía a cargo Materially, centrada en solucións xa presentes nos mercados e cun alto nivel de innovación.
Este evento é de especial interese para persoal técnico, profesionais independentes e empresas de todo tipo de sectores industriais e da construción.
Programa do workshop (pdf).
VÍDEOS XORNADA
- Apertura e presentación da xornada. Presentación do informe de vixilancia tecnolóxica sobre o estado da arte dos materiais para a captación de enerxía en Galicia – María José Mariño (GAIN) – Link
- Materiais intelixentes capaces de recuperar enerxía. Proxecto INCOMESS – Cintia Mateo (AIMEN) – Link
- Sistemas innovadores de xeración e recuperación de enerxía no automóbil – Raquel Ledo (CTAG) – Link
- O captador solar en lousa natural. Sistema Thermoslate – Natalia Núñez (CUPA PIZARRAS, S.A) – Link
- Novos materiais para baterías máis sostibles – María Giménez (CiQUS) – Link
- Presentación informe estratéxico: Materiais para a captación e xestión de enerxía – Unai Etxebarria e Iker Agirre (Materially) – Link