Hoxe presentamos a Materioteca de Galicia ao alumnado do Ciclo Superior de Automática e Robótica Industrial e do Ciclo Superior de Construcións Metálicas do CIFP Politécnico de Lugo.
Esta presentación forma parte das Visitas Virtuais ao CIS Tecnoloxía e Deseño no marco do programa EduTecEmprende. O CIS Tecnoloxía e Deseño colabora coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade nesta iniciativa. O programa ten por obxecto motivar e sensibilizar o alumnado no espírito emprendedor a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica da súa contorna, así como promover a súa achega ás áreas STEM.