O Centro Tecnolóxico AIMEN lidera o proxecto europeo InComEss, cuxo obxectivo é desenvolver materiais intelixentes ( piezoeléctricos, termoeléctricos ou híbridos) de gran rendemento, capaces de recuperar enerxía mecánica e/ou térmica e transformala en electricidade de maneira limpa. Ademais, estes innovadores materiais poderán almacenar dita electricidade nun supercondensador para alimentar redes de sensores de forma inalámbrica en diferentes sectores como construción, automobilístico e aeronáutico. O proxecto conta cun orzamento próximo aos 7 M€ e desenvolverase no período 2020-2023. A iniciativa está financiada pola Comisión Europea, no marco do Programa Horizon 2020.
MáIs información no seguinte enlace.