O ciclo “Materiais para o futuro” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia continúa o 22 de outubro coa presentación de novos materiais desenvolvidos en Galicia especificamente para o sector contract.
Este será o segundo workshop do ciclo organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), no marco da Materioteca de Galicia co fin de explorar as oportunidades de futuro que ofrecen os novos materiais para a innovación empresarial mediante o deseño.
Durante a xornada, GAIN presentará o Certame de Materiais Innovadores de Galicia, que celebra este ano a súa primeira edición co obxectivo de identificar e promocionar os materiais máis novidosos desenvolvidos recentemente por empresas e centros de coñecemento galegos.
Este workshop permitirá coñecer as características e aplicacións de varios materiais innovadores deseñados para o contract, é dicir, aqueles que polas súas propiedades son especialmente axeitados para o seu uso en arquitectura, mobiliario e decoración.
Dous centros de coñecemento e dúas empresas presentarán materiais innovadores creados en Galicia para o contract: o Centro Tecnolóxico de Automoción (CTAG), o Grupo de Construción da Universidade da Coruña (UDC) e Vertifil e Extraco. Ademais, desde o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) serán expostas as liñas de apoio da Xunta para este sector.
Para completar esta visión dende unha óptica máis ampla, a empresa Materially expoñerá unha selección a nivel internacional de materiais innovadores para o contract, acompañada de exemplos de aplicacións e vídeos de demostración.
Máis información:
VÍDEOS XORNADA
- Presentación da xornada e do Certame de Materiais Innovadores de Galicia – Patricia Argerey (GAIN) – Link
- Importancia da innovación na segunda transformación da madeira para o contract – José Ignacio Lema (XERA) – Link
- Apoio a un sector contract sostible – Guillermo Viña (IGAPE) – Link
- Valorización de cinzas para a ecoconstrución de obra civil e edificación (Proxecto Conecta Peme Cenicienta) – Javier Prego (Extraco) – Link
- Proxectos de formigóns con residuos de mexillón – Belén González (UDC) – Link
- Aplicacións de materiais innovadores á arquitectura singular (Proxecto KrEaTive) – Raquel Ledo (CTAG) – Link
- Selección de materiais sostibles para o contract – Unai Etxebarria (Materially) – Link – Listado de materiais presentados