Data: 08/10/2020.
Horario: 10.30 – 12.30 h.
A Materioteca de Galicia pon en marcha un ciclo de tres workshops online destinados a explorar as oportunidades de futuro que ofrecen os novos materiais para a innovación empresarial mediante o deseño.
O ciclo “Materiais para o futuro” do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia comeza o 8 de outubro coa presentación de novos materiais desenvolvidos en Galicia especificamente para a impresión 3D.
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), complementa así o ciclo de encontros en formato virtual “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, iniciado a finais de xuño e no que ofrecen a súa visión de futuro profesionais galegos do deseño de referenciaa nivel internacional.
Este workshop permitirá coñecer as características e aplicacións de varios materiais innovadores deseñados especialmente para a impresión 3D, unha tecnoloxía que se converteu nunha ferramenta moi útil para incorporar valor engadido aos produtos achegando grandes melloras e posibilidades no relativo aos procesos de fabricación en sectores diversos.
Os catro grupos de investigación galegos que presentarán materiais innovadores neste campo serán o LabPlast e o Laboratorio de Aplicacións Industriais Láser da UDC, o Instituto de Cerámica da USC e o Grupo FA3 Novos Materiais da UVigo.
Para completar esta visión dende unha óptica máis ampla, a empresa Materially expoñerá unha selección a nivel internacional de materiais innovadores para a impresión 3D, acompañada de exemplos de aplicacións e vídeos de demostración.
Durante a xornada presentarase tamén a nova base de datos da Materioteca de Galicia na que se poderán consultar en detalle as características e aplicacións dunha mostra en continuo crecemento de materiais innovadores con selo galego.
O ciclo “Materiais para o futuro” completarase con outros dos workshops:
- 22 de outubro: Materiais para o contract.
- 12 de novembro: CMF e tendencias en materiais.
A inscrición pode formalizarse só para o workshop do 8 de outubro ou para o ciclo completo:
- Programa do workshop (pdf)
VÍDEOS XORNADA
- Presentación da xornada e da nova base de datos web da Materioteca Galicia – María José Mariño (GAIN) – Link
- Vídeo – Retos de LabPlast no desenvolvemento de polímeros para a impresión 3D – María José Abad (UDC) – Link
- Vídeo – Prototipado rápido de materiais con gradiente funcional – Armando Yáñez (UDC) – Link
- Vídeo – Matprint e impresión 3D con biocerámicas. Francisco Guitián – Instituto de Cerámica (USC) – Link
- Vídeo – Selección internacional de materiais innovadores para a impresión 3D – Unai Etxebarria e Iker Agirre (Materially) – Link – Listado de materiais presentados.