Presentación da Materioteca de Galicia e workshop “Materiais para a economía circular”

Data: 19 xuño 2019. Horario: 10:30 – 18:30.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria presenta a Materioteca de Galicia no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol). A apertura desta nova instalación, concibida como a biblioteca de materiais de referencia en Galicia, completarase coa celebración do workshop “Materiais para a economía circular”.

A posta en marcha da Materioteca de Galicia é unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación (GAIN) no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

A materioteca é un espazo de difusión de materiais innovadores que combina unha exposición e arquivo de mostras clasificadas con servizos especializados para facilitar a transferencia de tecnoloxías de materiais ao tecido empresarial e estimular a innovación intersectorial.

Os asistentes á presentación da materioteca terán ocasión de visitar as súas instalacións e tamén de coñecer as últimas tendencias e proxeccións de futuro sobre a achega dos materiais innovadores á economía circular e o crecemento verde.

Máis información: http://gain.xunta.gal/eventos/270/presentacion+da+materioteca+galicia+workshop+materiais+economia+circular